martes, 29 de abril de 2014

TODO LISTO PARA A 14ª EDICIÓN DO TORNEO DE MINIBÁSQUET 2014 DO C.BC. SEIS DO NADAL - COIA

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizará nesta tempada 2013/14 a 14ª Edición do Torneo de Minibásquet 2014 "Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo", unha cita anual do noso club coas categorías inferiores que se celebrará os próximos días 1 e 4 de maio do 2014.

.

Este o noso Torneo de Minibásquet, un dos torneos con maior tradición e prestixio da comunidade galega, que cumpre xa a súa décimo cuarta edición, reunirá nos próximos días 1 e 4 de maio ás mellores canteiras de baloncesto da cidade de Vigo e da comunidade autónoma de Galicia, xuntando a máis de 400 deportistas e preto de 40 técnicos.

.

Nesta nova edición o torneo terá como marco dos encontros o Pavillón Municipal de Navia contando cun total de catro pistas nas que se xogarán 42 partidos ao longo das dúas xornadas.

.

Serán 24 equipos os que participarán na competición, 12 en categoría feminina que competirán o xoves día 1 de maio, e outros tantos en categoría masculina que terán o seu turno de xogo o domingo 4 de maio.

.

Os clubs que participarán no torneo con dous equipos, un masculino e outro feminino, son o anfitrión Seis do Nadal, que participará con dous conxuntos en cada categoría, o Colexio Salesianos (Vigo), o Porriño Baloncesto Base que participará con dous conxuntos masculinos e un combinado feminino, o Pío XII (Santiago de Compostela), o Carmelitas Ourense e o AD Bosco (Ourense). A categoría feminina será completada polos equipos Airexa Nigrán, CD Colexio Mariano (Vigo), Cluny (Santiago Compostela), CB Baiona e Cía María (Vigo). Os equipos BBC (Vilagarcía de Arousa), Básquet Coruña, CB Tui e Eduardo Blanco Amor (Ourense), completarán o cadro alevín masculino do torneo.

.

Os doce equipos que participarán nesta nova edición en cada categoría buscarán revalidar o título que xa poseen nas súas mans Cluny Santiago e o Básquet Coruña, campións feminino e masculino da pasada edición celebrada fai un ano.