viernes, 17 de enero de 2014

FAITE SIAREIRO 2013/2014 DO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA

.

Un dos motivos principais do nacemento da Fundación VIDE Vigo en Deporte foi a creación do Programa Siareiros, pois a cidade de Vigo está fortemente vencellada ao deporte tanto de base, canteira das futuras estrelas, como ao de elite que aporte o seu traballo, esforzo e experiencia a un sen fin de deportistas que gozan diariamente do deporte.

.

O Programa Siareiros nace con tres obxectivos principais:

.

- Alentar ao deporte base da nosa cidade co fin de crear unha sociedade cimentada nos valores deportivos da solidariedade, honestidade e saúde.

.

- Axudar a tódolos equipos de Vigo a facerse un oco no máis alto do deporte nacional.

.

- A posibilidade para os equipos, clubs e entidades de Vigo de poder adestrar nas instalacións municipais de forma gratuita.

.

Para facerte Siareiro do club Club Baloncesto Seis do Nadal podes acudir ás oficinas da nosa entidade e cumplimentar o formulario de inscrición na modalidade de Carné Siareiro Club.

.

As vantaxes de ser Siareiro co Carné Siareiro Club son as seguintes: participar directamente da actividade da entidade a través da cal te fas Siareiro, como Socio Siareiro poderás obter grandes vantaxes coma participar en sorteos promovidos desde a Fundación VIDE, ter descontos especiais en tódolos comercios adheridos ao proxecto Siareiros, recibir información de interese deportivo da cidade de Vigo, ter acceso persoal aos programas dinamizados desde a Fundación VIDE para o proxecto Siareiros, e participar a través da web da Fundación.

.

Se queres facerte Socio Siareiro do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia podes chamar ao teléfono móbil 680.507.750 ou 627.516.980, enviar un correo electrónico á dirección e-mail directiva@seisdonadalcoia.com ou nas oficinas do club.